Hoxe debemos ter rematado:
- Todo o CONTIDO da nosa pequena presentación: texto e imaxes. É moi recomendable facer antes, en papel, un pequeno guión coas ideas que teñamos para ilas ordenando.
- Lembrade escoller ben o texto, non poñer de máis (mellor tipo telegrama, empregar viñetas, listas...)
- Escoller imaxes sinxelas, graciosas (se ben a conto), de cores vivas (pero que non lle quiten protagonismo ao texto)
- Lembrade que non debedes escribir "todo" o que lle queredes contar ao público. Esa será a vosa tarefa ao estar falando!! (encher os ocos).
- Respecto ao FORMATO hoxe teremos que decidir:
- Deseño de diapositiva para cada unha (título xeral, índice, 2 columnas...). Dependerá do contido que vai ir nela.
- Seleccionar a cor de fondo da presentación (pode ser unha soa ou varias). Mellor unha soa, ha de ser un documento "serio".
- Taen será importante o tamaño da letra escollida.Na medida do posible que sexa o mesmo en todas.
Agora non é o momento de darlle efectos nin engadir elementos "extra". Iso farémolo nas próximas clases.

No hay comentarios:
Publicar un comentario