4/11/13

Retomando as actividades. Luns 4 de novembro

Por fin parece que teremos unha clase normal...

Retomemos a tarefa 3. Collamos o texto das nosas primeiras impresións e copiemos o que nel escribimos.
Debédelo copiar non documento de writer "Primeiras impresións" que xa tiñamos creado.
Non podemos darlle ningún formato adicional, isto é:
  • NON MODIFICAR TIPO DE LETRA
  • NON MODIFICAR TAMAÑO DE LETRA
  • NON POÑER SANGRÍAS
  • NON CAMBIAR INTERLIÑADO
  • NON POÑER NEGRIÑAS...
O contido do voso texto tedes que incluílo en tres apartados cos títulos:
- Sensacións
- Que me gustaría aprender
- Que se facer xa
 A estes títulos non lles deades tampouco formato, só deixádeos nunha liña independente.



No hay comentarios: