F11 antes de nada para que apareza a fiestra de formatos!! RECORDADE que TODO se ha cambiar dende aquí.
Situar no cursor na liña que quieramos e facer dobre clic na fiestra de formatos sobre "encabezado 1".
Repetir este proceso con todas aquelas liñas que sexan un título (no noso caso hai 3).
MODIFICAR O FORMATO QUE O ORDENADOR LLE DÁ POR DEFECTO:
Sobre a palabra "Encabezado 1", clic co botón dereito, "Modificar". Aí temos moitas pestanas onde podemos cambiar diferentes aspectos do texto:
a) cambiade a cor
b) cambiade o tamaño da letra
c) cambiade o espazo co parágrafo superior (poñédelle por ejemplo 1cm)
QUÉ É "TEXTO NORMAL":
Ao texto normal a fiestra anterior chámalle "predeterminado". Aquí tamén debemos cambiar o seu formato, para que así o cambie automaticamente en todo o documento:
a) facede que o texto esté xustificado
b) facede que a primeira liña de cada parágrafo se meta un pouquiño para dentro (1cm)
c) cambiade o tipo de letra e poñede "Arial".
CREAR O ÍNDICE AUTOMÁTICO:
Agora a ver se vos sae o índice automática (sairavos se definistes ben os títulos).
Antes de nada poñede o cursor onde queredes que apareza o índice.
Ide a INSERTAR > ÍNDICES > ÍNDICES E TÁBOAS.
INSERTAR UN SALTO DE PÁXINA:
Agora insertade un salto de páxina. Facede que todo o texto comece na folla 2 (para que na folla 1 só apareza o índice). ¿Recordades como se facía?
Cando o consigades lembrade "Actualizar o índice" pois cambiaron os números de páxina nos que aparecen os títulos.



No hay comentarios:
Publicar un comentario