O mellor é usar FILTROS.
Cando se trata de imaxes na esquina superior dereita podedes ver este símbolo:
cando lle dades desprégase este menú:
Se facedes clic en BUSQUEDA AVANZADA hai varias opcións interesantes que é importante coñecer:
Podedes filtrar as imaxes por tamaño. Moitas veces necesitamos unha imaxe con certa calidade, así que para non perder o tempo podedes seleccionar imaxes "grandes" ou dun tamaño "decente". Así as miniaturas non volas ensinaría.
Outra ferramenta interesante é seleccionar o tipo de LICENZA que teñen as imaxes. Os DEREITOS DE AUTOR han de ser respectados e se unha persoa non quere que se use unha imaxe que é a da súa propiedade non debemos facelo:
Agora proba todas estas opcións.

No hay comentarios:
Publicar un comentario