23/9/13

Saúdos e normas

Bos días a todos:
Os de 1º de ESO A recordade: eu son ANXOS, non Susana. Susana é a profe que lle da aos outro dous 1º de ESO.
Despois das presentacións recórdovos aquí as normas máis importante das que falamos hoxe:
  1. Está TOTALMENTE PROHIBIDO entrar en calquera rede social durante a hora de clase. Facelo suporá a expulsión da clase acompañada dun parte de incidencias. 
  2. Está TOTALMENTE PROHIBIDO entrar en ningunha páxina cuxo contido non teña que ver co se está a facer nese momento na aula. 
  3. Debedes manter os sitios que vos asignei durante todo o curso (agás que eu indique o contrario).
  4. Ao comezar a clase debedes revisar que o voso equipo está en perfectas condicións. En caso de atopar algo anómalo (raro) avisade á profe ao momento.
  5. É obrigatorio traer un pendrive ás clases. Capacidade mínima recomendada: 4Gb. NON se admitirán discos duros externos ou outros dispositivos. Todos os días deberedes gardar o traballo da sesión no pendrive.
  6. Todos os traballos que se vaian facendo haberá que gardalos nunha carpeta convenientemente creada e identificada no disco duro do ordenador. Todo o que estea fóra desa carpeta pode ser borrado sen ningún aviso previo.
  7. Acéptanse suxerencias, comentarios e interrupcións sempre que sexan constructivas, feitas de xeito educado e expresadas con corrección.

No hay comentarios: